Coas doazóns recibidas, estas organizacións poderán reforzar os proxectos que se describen a continuación.
Fundación Cris de investigación para vencer o cancro
Cris Contra el Cáncer traballa para mobilizar á sociedade para acabar co cancro a través da investigación. Faino impulsando o desenvolvemento de tratamentos máis efectivos e personalizados, desde terapias celulares a medicina de precisión e inmunoterapia, co obxectivo de dar novas oportunidades a persoas que neste momento non as teñen. Neste contexto, o programa Microambiente del Cáncer de Próstata ten como obxectivo abordar o cancro de próstata dunha maneira moi innovadora, abordando algo que poucas veces se ten en conta: A complexidade dos tumores e de todo o que os rodean, o que chamamos a Matriz Extracelular. A brillante Dra. Lorea Valcárcel estuda como os tumores provocan cambios nesa rede de proteínas que rodea o tumor e como estes cambios fan que a enfermidade avance moito máis rapidamente. Este innovador proxecto é crucial, porque nos permitirá deseñar terapias que sexan verdadeiramente efectivas contra o cancro de próstata avanzado.
Federación Española de familias de cancro infantil
A Federación Española de familias de cancro infantil coordina e aglutina a actividade de 23 asociacións de pais e nais que a integran repartidas por toda España, cun obxectivo común: mellorar a calidade de vida dos menores con cancro e as súas familias. O programa de Apoyo psicosocial, económico y educativo a menores con cáncer y sus familias proporciona unha atención integral aos menores con cancro e ás súas familias, desde o diagnóstico, durante o tratamento e ao longo dos anos de remisión, a través da promoción, defensa e reivindicación dos seus dereitos ante as institucións e a sociedade. Trátase de paliar as múltiples dificultades tanto a nivel psicolóxico, social, educativo e económico que poidan xurdirlles durante o desenvolvemento da enfermidade e tras ela. Os beneficiarios do programa son os e as menores e a súa familia directa, especialmente proxenitores e as súas irmás/áns, xa que a enfermidade inflúe, e de forma violenta, a todo o núcleo familiar.
Fundación Pequeño Deseo
A Fundación Pequeño Deseo traballa para mellorar a calidade de vida de nenos e nenas con enfermidades graves ou crónicas, cumprindo os seus desexos e apoiando iniciativas de humanización hospitalaria. O proxecto Cumplir un deseo puede ser la mejor medicina consiste en cumprir as ilusións máis especiais de nenos e nenas que enfrontan enfermidades como o cancro, transformando o seu día a día nunha experiencia chea de alegría e esperanza. Estes desexos representan un momento de felicidade e axudan aos nenos e nenas a desconectar da rutina hospitalaria e a fortalecer o seu ánimo para afrontar os seus tratamentos. O desexo convértese nunha experiencia máxica, organizada co máximo coidado e atención, garantindo que o neno e a súa familia vivan momentos inesquecibles. Tras a realización do desexo, os nenos experimentan emocións positivas que reducen o seu estrés, ansiedade e aumentan a súa resiliencia emocional. E as familias tamén senten o apoio e a solidariedade en momentos difíciles.