Cremos nun mundo onde todos os nenos e nenas crezan sans e seguros, e reciban unha educación adecuada xogando, aprendendo, gozando, e mirando cara a adiante, cara a un futuro onde poidan desenvolver todo o seu potencial en igualdade de condicións.
Con todo, a fame no mundo alcanza hoxe niveis récord e os nenos enfróntanse a unha tormenta perfecta. Os conflitos, a inestabilidade económica e a crise climática están a provocar un enorme retroceso nos avances logrados en materia de saúde infantil, nutrición e redución da pobreza, pondo en perigo a vida de millóns de nenos e nenas.
Neste contexto de policrise global, a infancia de España estase tendo que enfrontar a novos retos. O contexto de crise está a ter un impacto directo na vida de miles de nenos e nenas en España, que ven limitado o acceso aos seus dereitos máis básicos: alimentación, seguridade, boa saúde e educación.
O 28,9% dos nenos e nenas e mozos menores de 18 anos, en España, está en situación de pobreza, un punto e medio por encima do ano pasado, e deles o 14,9% está en situación de pobreza severa.
No caso particular do colectivo migrante, as persoas en situación e/ou risco de exclusión social necesitan dun servizo especial e personalizado informando, orientando e acompañando, naqueles aspectos que lles afecten de maneira directa, así como facilitando a súa esencial e necesaria inclusión na sociedade española.
Nesta campaña colaborarase con ONG Mestura, Fundación Educación e Cooperación (Educo) e Save The Children na alimentación da infancia da nosa contorna en situación vulnerable.