A violencia contra as mulleres é unha vulneración dos dereitos humanos que ten dimensións de pandemia global e sófrena 1.200 millóns de mulleres en todo o mundo. En España só 1 de cada 5 mulleres maltratadas recibe axuda. O resto, máis de 1.500.000 mulleres, son invisibles porque non rompen o silencio. A Covid-19 supuxo unha barreira máis para que as vítimas denuncien e deixou en exclusión ás sobreviventes sen emprego que esgotaron as axudas públicas. Os fillos e fillas tamén son vítimas da violencia de xénero, conviven nun ambiente hostil, son testemuñas e sofren os malos tratos directa e indirectamente.
Cando hai un asasinato de violencia de xénero, os fillos e fillas da vítima quedan a miúdo invisibilizados e esquecidos, o que dificulta que teñan a protección e reparación do dano adecuadas por parte da administración pública. Os orfos e orfas, e os seus familiares, en moitas ocasións quedan desamparados, sen información e asesoramento sobre os pasos que tomar, e sen espazo para o duelo.
Fundación Ana Bela e Fondo de Bolsas Soledad Cazorla son exemplos de entidades sen ánimo de lucro que fan un acompañamento emocional e traballan coas mulleres sobrevivintes para que se empoderen cun traballo digno e apoian e acompañan o desenvolvemento educativo dos orfos e orfas.
Por iso en EROSKI queremos colaborar coa Fundación Ana Bela e o Fondo de Bolsas Soledad Cazorla para que xuntas poidan axudar ao maior número posible de mulleres e menores vítimas achegándolles todo o apoio que necesitan.