Á actual emerxencia sanitaria súmaselle unha crise social e económica, na que moitas familias teñen dificultades para cubrir as súas necesidades básicas. É por iso que os Bancos de Alimentos e Cáritas non se deteñen e continúan traballando a contrarreloxo co obxectivo de contribuír a garantir o dereito á alimentación das persoas máis vulnerables da nosa contorna. Tiveron que actuar con celeridade para poder adaptar a súa operativa e dar resposta a unha crecente demanda de alimentos por parte das entidades sociais.
A comezos do 2019, os Bancos de Alimentos, atendían a 1.050.000 persoas, ao terminar o ano 2020 eran xa 1.560.000 as persoas demandantes de axuda alimentaria. E só nos primeiros meses da pandemia, o número de solicitudes de axudas que se recibiron en Cáritas, incrementouse un 57%. Ao redor de 500.000 persoas chamaban por primeira vez.
Por iso, en EROSKI queremos colaborar coa Federación Española de Bancos de Alimentos e os 54 Bancos de Alimentos asociados e con 49 Cáritas Diocesanas, para que as familias en risco de exclusión social da nosa contorna máis próxima poidan ter cubertas as súas necesidades básicas de alimentación e hixiene.