Eroski
0
Doazóns
0,00 €
Obxectivo de 148.296 €

AXUDA ÁS FAMILIAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL

A comezos do 2019, os Bancos de Alimentos, atendían a 1.050.000 persoas, ao terminar o ano 2020 eran xa 1.560.000 as persoas demandantes de axuda alimentaria. E só nos primeiros meses da pandemia, o número de solicitudes de axudas que se recibiron en Cáritas, incrementouse un 57%. Ao redor de 500.000 persoas chamaban por primeira vez.

Campaign hero image
Fame e Seguridade AlimentariaDende: 06/05/21Ata: 15/12/21
AXUDA ÁS FAMILIAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN SOCIAL
Obxectivos da campaña

Colaborar na loita contra a pobreza e a exclusión social a través de Cáritas e os Bancos de Alimentos de cada provincia onde están as nosas tendas. Coas doazóns recibidas Cáritas e os Bancos de Alimentos poderán adquirir e distribuír alimentos entre as familias e colectivos vulnerables especialmente afectados pola crise social da COVID-19.

Descrición

Á actual emerxencia sanitaria súmaselle unha crise social e económica, na que moitas familias teñen dificultades para cubrir as súas necesidades básicas. É por iso que os Bancos de Alimentos e Cáritas non se deteñen e continúan traballando a contrarreloxo co obxectivo de contribuír a garantir o dereito á alimentación das persoas máis vulnerables da nosa contorna. Tiveron que actuar con celeridade para poder adaptar a súa operativa e dar resposta a unha crecente demanda de alimentos por parte das entidades sociais. 

A comezos do 2019, os Bancos de Alimentos, atendían a 1.050.000 persoas, ao terminar o ano 2020 eran xa 1.560.000 as persoas demandantes de axuda alimentaria. E só nos primeiros meses da pandemia, o número de solicitudes de axudas que se recibiron en Cáritas, incrementouse un 57%. Ao redor de 500.000 persoas chamaban por primeira vez.

Por iso, en EROSKI queremos colaborar coa Federación Española de Bancos de Alimentos e os 54 Bancos de Alimentos asociados e con 49 Cáritas Diocesanas, para que as familias en risco de exclusión social da nosa contorna máis próxima poidan ter cubertas as súas necesidades básicas de alimentación e hixiene.

Actividades

Os Bancos de Alimentos son entidades sociais sen ánimo de lucro, baseados no voluntariado e o seu obxectivo é redistribuír gratuitamente entre as persoas que o necesitan os excedentes alimentarios das empresas, evitando así o desperdicio alimentario, e as doazóns de alimentos que reciben. 

As actividades que levan a cabo son:

  • FESBAL promociona o labor, a imaxe e a figura dos Bancos de Alimentos asociados na súa loita contra a fame, a pobreza e o desperdicio de alimentos, mediante o seu aproveitamento e repartición ás persoas máis necesitadas contribuíndo, ademais, a mellorar o medio ambiente
  • Os Bancos de Alimentos almacenan e clasifican os alimentos recuperados e recolleitos, para repartilos entre as 7.955 entidades benéficas coas que colaboran e que atenden, principalmente, familias en situación de pobreza como outros colectivos en risco de exclusión social.

CARITAS fundamenta a súa acción na acollida e acompañamento ás persoas vulnerables e excluídas. Promove a Economía solidaria a través de programas de emprego inclusivo, iniciativas de economía social, propostas de comercio xusto, o fomento do consumo responsable e o compromiso coas finanzas éticas. 

As actividades que están a levar a cabo, entre outras, son:

  • Asegurar un seguimento no acompañamento, incorporando medidas de prevención e seguridade a aquelas familias con maiores dificultades (familias monoparentais, masificación, soidade)
  • Acompañamento a persoas soas, enfermas e maiores.
  • Avanzar na dignificación do dereito á alimentación, fomentando o uso de cartóns solidarios, para ir adaptando mellor a axuda ás necesidades das familias desde a súa propia autonomía e capacidade.
  • Apoio no propio domicilio.
Quen se beneficiará?

Esta campaña do programa Céntimos Solidarios de EROSKI colabora con CARITAS e FESBAL, para que as familias en risco de exclusión social da nosa contorna máis próxima poidan ter cubertas as súas necesidades básicas de alimentación e hixiene.

Coa axuda que se espera conseguir con esta campaña, estímase que se axudará a 7.235 persoas.

As delegacións beneficiarias deste proxecto son: 

DELEGACIONES BANCO DE ALIMENTOSDELEGACIONES CARITAS
ALAVAAlcalá de Henares
ALICANTEAlmeria
ALMERIAAstorga
ASTURIASAvila
AVILABaleares
BADAJOZBarbastro-Monzón
BIZKAIABarcelona
BURGOSBilbao
CACERESBurgos
CADIZCadiz-Ceuta
CANTABRIACalahorra-La Calzada-Logroño
CASTELLONCiudad Real
CEUTACórdoba
CIUDAD REALDonosti
CORDOBAGirona
GIPUZKOAGranada
GRANADAHuesca
GUADALAJARAJaca
HUELVAJaén
HUESCALeón
JAENLugo
LA RIOJALleida
LEONMadrid
LUGOMondoñedo-Ferrol
MADRIDOrense
MALAGAOrihuela
MALLORCAOsma-Soria
NAVARRAOviedo
OURENSEPalencia
SEGOVIAPlasencia
SEVILLAPlasencia
SORIASant Feliu de Llobregat
TERUELSantiago
TOLEDOSegorbe-Castellón
VALENCIASegovia
VALLADOLIDSiguenza-Guadalajara
ZARAGOZASolsona
RIAS ALTASTarragona
VIGOTerrasa
 Teruel_Albarracin
 Toledo
 Tortosa
 Tui-Vigo
 Urgell
 Valencia
 Valladolid
 Vic
 Zamora
 Zaragoza
  
Máis información e ligazóns

CARITAS (web)

FESBAL  (web)