Eroski
0
Doazóns
0,00 €
Obxectivo de 90.392 €

Colaborar para axudar ás persoas maiores vulnerables.

En 2021 máis de dous millóns de persoas de 65 ou máis anos vivían soas, sendo un 70,9% delas mulleres. Colaborando con CÁRITAS BIZKAIA, GRANDES AMIGOS, MÉDICOS DEL MUNDO, MALLORCA SENSE FAM, CRUZ ROJA, COCINA ECONÓMICA DE SANTIAGO, e MATIA queremos axudar ás persoas maiores en situación de vulnerabilidade co obxectivo de fomentar a súa integración social e mellorar a súa calidade de vida. 

Campaign hero image
Dereitos HumanosDende: 24/08/23Ata: 05/10/23
AXUDA ÁS PERSONAS MAIORES VULNERABLES
Obxectivos da campaña

Colaborar para axudar a persoas maiores en situación de vulnerabilidade, a través de CÁRITAS BIZKAIA, GRANDES AMIGOS, MÉDICOS DEL MUNDO, MALLORCA SENSE FAM, CRUZ ROJA, COCINA ECONÓMICA DE SANTIAGO, y MATIA. Coas doazóns recibidas estas organizacións poderán reforzar as actividades que se describen a continuación.

Descrición

Durante as últimas décadas o número de persoas que viven en soidade aumentou, especialmente no caso das persoas maiores. En 2020, os fogares unipersonais de persoas de 65 ou máis anos incrementáronse nun 6,1%. En 2021 máis de dous millóns de persoas de 65 ou máis anos vivían soas, sendo un 70,9% delas mulleres. 

A soidade afecta gravemente á saúde das persoas maiores podendo agravar patoloxías como a depresión, a demencia, a deterioración cognitiva, a desnutrición, a diabetes ou as enfermidades cardiovasculares. Por tanto, non se trata unicamente dun estado de tristeza, senón que ten un gran impacto na saúde xeral da persoa, polo que é fundamental estar alerta ante os sinais para poder actuar canto antes. Para facer fronte a esta problemática é necesario promover contornas sociais nos que as persoas maiores poidan relacionarse, aumentar o nivel de actividade física, e ter contacto diario con outras persoas. Reducir a fenda dixital pode ser primordial para conseguir a súa integración social e minimizar a soidade.

Outro dos grandes factores que condiciona a súa calidade de vida é estar en risco de pobreza e exclusión social. O 66,2% das persoas maiores atendidas no contexto da pandemia por Cruz Roja están nesta situación, un 5,7% ten dificultades para facer fronte ao pago da vivenda, un 4,3% non pode permitirse tomar alimentos con proteínas tres veces á semana e un 14,6% sofre pobreza enerxética.

Por todo iso, en EROSKI queremos colaborar con CÁRITAS BIZKAIA, GRANDES AMIGOS, MÉDICOS DEL MUNDO, MALLORCA SENSE FAM, CRUZ ROJA, COCINA ECONÓMICA DE SANTIAGO, y MATIA  para poidan axudar ás persoas maiores en situación de vulnerabilidade co obxectivo de fomentar a súa integración social e mellorar a súa calidade de vida.   

Actividades

O labor de CÁRITAS BIZKAIA fundaméntase no voluntariado e o seu propósito é traballar coas persoas máis necesitadas para contribuír á erradicación da exclusión social en Bizkaia. O proxecto BIZI BETE, que cumpre dez anos, ofrece un lugar de encontro a persoas maiores no que poden establecer relacións significativas e especiais. É unha iniciativa pensada para as persoas maiores que participan pouco noutros proxectos e ten como propósito previr o seu illamento e mellorar a súa calidade de vida.

GRANDES AMIGOS é unha ONG de voluntariado, de ámbito estatal e fundada en 2003, que ten como misión previr e abordar a soidade das persoas maiores. A través do programa “Maiores en compañía” ofrécese apoio afectivo e un tempo de compañía e diversión a persoas maiores en risco ou situación de illamento, evitando os efectos da soidade na súa saúde. Este acompañamento lévano a cabo persoas voluntarias da entidade nas residencias ou nos propios domicilios.

MÉDICOS DEL MUNDO é unha asociación independente que traballa para facer efectivo o dereito á saúde para todas as persoas, especialmente para as máis vulnerables. O programa de Céntimos Solidarios apoiará o seu proxecto dirixido a paliar as consecuencias da pobreza e a exclusión de moitas persoas maiores en situación de soidade. Este proxecto realízase mediante o achegamento e acompañamento domiciliario, o seguimento nos seus procesos de saúde e na mellora das súas condicións sociais. Ademais, coordínanse estas accións con servizos sociais, centros de saúde e outras entidades e recursos comunitarios. 

MALLORCA SENSE FAM é unha asociación sen ánimo de lucro fundada en 2009 en Mallorca como resposta á crise económica do 2008 cuxa misión é axudar ás familias en situación vulnerable da zona cubrindo as súas necesidades básicas de alimentación e hixiene. O proxecto "Axuda solidaria en alimentos a domicilio" axuda ás persoas maiores beneficiarias do programa coa entrega de alimentos e artigos de hixiene persoal e de limpeza.

CRUZ ROJA é unha organización humanitaria de carácter voluntario, fortemente arraigada na sociedade, que dá respostas integrais ás persoas vulnerables desde unha perspectiva de desenvolvemento humano e comunitario, reforzando as súas capacidades individuais no seu contexto social. O proxecto “Bo trato” diríxese a tres perfís de persoas maiores que se atopa en situación de vulnerabilidade, especialmente por sufrir abusos. O obxectivo é mellorar a protección e capacidade para afrontar os malos tratos sufridos polas persoas maiores, evitar que sucedan estas situacións e axudarlles a recuperar a súa calidade de vida. 

O obxectivo fundamental de COCINA ECONÓMICA DE SANTIAGO é o de dar comidas ás persoas máis necesitadas. Ofrécense tres comidas diarias de luns a domingo, incluíndo festivos. Ademais, compleméntase este servizo co de centro de día, un espazo no que estar durante o día con actividades para facilitar a súa inserción sociolaboral, no que se traballan as habilidades sociais, a saúde e a procura actica de emprego. A axuda dos Céntimos Solidarios destinarase ás persoas maiores que acudan a estes servizos.

MATIA é unha fundación privada sen ánimo de lucro fundada en 1881 en Gipuzkoa. O seu propósito é acompañar ás persoas no seu proceso de envellecemento para mellorar o seu benestar, xerando coñecemento e servizos personalizados que promovan a súa autonomía e dignidade. O proxecto #100fluencers trata de volver conectar ás persoas maiores cun mundo hoxe máis dixital que nunca a través da investigación, a sensibilización e capacitación dixital de persoas maiores. 

Quen se beneficiará?

Esta campaña do programa Céntimos Solidarios de EROSKI colaborará con CÁRITAS BIZKAIA, COCINA ECONÓMICA DE SANTIAGO, CRUZ ROJA, GRANDES AMIGOS, MALLORCA SENSE FAM, MATIA e MÉDICOS DEL MUNDO. 

Coa axuda que se espera conseguir con esta campaña, estímase que se axudará a 5.838 persoas maiores de distintas provincias. 

Máis información e ligazóns

CÁRITAS BIZKAIA (web)

COCINA ECONÓMICA DE SANTIAGO (web)

CRUZ ROJA (web

GRANDES AMIGOS (web)

MALLORCA SENSE FAM (web)

MATIA (web)

MÉDICOS DEL MUNDO (web)