Eroski
0
Doazóns
0,00 €
Obxectivo de 68.896 €

Colabora para axudar a mellorar o emprego e a entrada no mercado laboral dos máis novos.

Axuda a reducir a brecha de desigualdade e impulsar o crecemento económico ao promover a inclusión e o desenvolvemento do talento novo.

Campaign hero image
EducaciónDende: 15/05/24Ata: 30/05/24
Inserción laboral para a xuventude
Obxectivos da campaña

Colaborar para brindar oportunidades a aqueles mozos que enfrontan dificultades para acceder ao mercado laboral, permitindo que desenvolvan as súas habilidades e contribúan activamente á sociedade a través da Asociación Navarra para la Investigación, Prevención y Tratamiento de Adicciones (ANTOX), Fundación Integra, Fundación Acción contra el Hambre, Igaxes e Cruz Roja. 

Descrición

Este proxecto diríxese ás persoas novas afastadas do mercado laboral debido ao seu baixo nivel de formación, escasa ou nula experiencia profesional, que viven en contornas deprimidas con menos acceso a recursos formativos, etc., todos eles factores que inciden e que limitan as súas posibilidades de acceder a un emprego.

Segundo a EPA no primeiro trimestre de 2022 estiveron parados 843.400 mozos menores de 30 anos. A taxa de desemprego xuvenil segue sendo algo máis do dobre da taxa de paro xeral do conxunto da poboación en idade laboral.

Ademais, o paro feminino en España sitúase 3 puntos por encima da taxa de paro masculino. E a taxa de emprego entre mulleres menores de 25 anos alcanza o 25,63%, mentres que a media nacional apenas supera o 11,5%, de acordo con datos do INE do segundo trimestre de 2023. O 27% das mulleres en España atópase en risco de exclusión ou pobreza, unha porcentaxe que supera ao xeral (26,1%) e ao dos homes (25,1%), segundo un informe de Fundación Adecco elaborado coa metodoloxía AROPE e publicado en 2021.

Doutra banda, a inserción laboral en persoas novas con adiccións é un proceso crucial que non só lles brinda a oportunidade de reintegrarse na sociedade de maneira produtiva, senón que tamén lles permite reconstruír a súa autoestima e atopar un propósito nas súas vidas.

Finalmente, a infancia máis vulnerable tamén debe ter a opción dun futuro laboral estable e digno, pois é un dereito de todas as nenas e nenos, por iso detectar os casos de abandono escolar prematuro é indispensable.

Nesta campaña colaborarase coa Asociación Navarra para la Investigación, Prevención y Tratamiento de Adicciones (ANTOX), Fundación Integra, Fundación Acción contra el Hambre, Igaxes e Cruz Roja no apoio á inserción laboral da mocidade. 

Actividades

Coas doazóns recibidas estas organizacións poderán reforzar os proxectos que se describen a continuación.

Asociación Navarra para la Investigación, Prevención y Tratamiento de Adicciones (ANTOX)

A Asociación ANTOX ten como obxectivo prestarlles servizos ás persoas con trastornos aditivos e aos seus familiares mediante unha atención multidisciplinar para mellorar a súa calidade de vida, consecución da abstinencia, así como a incorporación social, laboral e familiar. Este proxecto enfócase en ofrecer orientación e formación para mellorar o acceso ao emprego das persoas que se atopan na fase final do tratamento e así lograr a súa inserción social.

Fundación Integra

O proxecto “Contigo: Inserción laboral de mulleres novas vulnerables” impacta directamente en mulleres entre 18 e 35 anos, en exclusión social severa. Un colectivo que polas súas circunstancias require de atención personalizada (algunhas non teñen formación nin experiencia laboral previa e, outras levan moito tempo afastadas do mundo laboral). Elas queren deixar atrás a situación na que se atopan e empezar unha vida digna e estable. A Fundación acompáñaas, a través de itinerarios personalizados de integración, preparándoas para o emprego e mediando con empresas para que participen en procesos de selección, permitíndolles así saír da exclusión e empezar unha nova vida xunto as súas familias.

Fundación Acción contra el Hambre  

“Itinerario de emprendemento social xuvenil - Vives Emprende” é un programa de formación e asesoramento a persoas novas en situación precaria e/ou en desemprego e que non atopan no mercado laboral unha resposta para o seu desenvolvemento profesional. Propoñemos concursos, actividades colaborativas, formación dixital e en habilidades para que sexan capaces de crear os seus propios negocios cun impacto social e ambiental positivo afrontando o mercado laboral cunha maior motivación. 

Igaxes

O 25% das nenas, nenos e adolescentes galegos están en risco de pobreza. Desde IGAXES acompáñaselles, a eles e as súas familias, para que poidan crecer e aprender seguros e acompañados. Búscase impedir que as carencias materiais ou afectivas, a desprotección ou a inseguridade, poñan en perigo a educación e o futuro destas nenas, nenos e xuventude, polo que a través de “Escola de vida" trabállase xunto aos centros educativos para previr situacións de risco ou exclusión social e para aumentar o éxito escolar que mellore as súas condicións laborais de futuro. 

Cruz Roja

A través do proxecto Emprego Novo – “Somos go" apóiase a inserción laboral a través de accións de orientación e formación adaptadas ás necesidades e características de cada persoa, ofrecéndolles bolsas de estudos para cursos Certificados de Profesionalidade, F.P e equipos tecnolóxicos en préstamo (computadores ou tablets) para reducir fendas dixitais.

Quen se beneficiará?

Esta campaña do programa Céntimos Solidarios de EROSKI colaborará coa Asociación Navarra para la Investigación, Prevención y Tratamiento de Adicciones (ANTOX), Fundación Integra, Fundación Acción contra el Hambre, Igaxes e Cruz Roja.

Coa axuda que se espera conseguir desta campaña, estímase que se dará apoio á inserción laboral de 12.187 persoas novas.