Eroski
0
Doazóns
0,00 €
Obxectivo de 150.322 €

Colaborar para axudar a persoas e familias en situación de vulnerabilidade.

Cada vez máis familias teñen dificultades para cubrir as súas necesidades básicas de alimentación. Por iso, en EROSKI queremos colaborar con FESBAL, CÁRITAS, ECOS DO SUR, e PARIS 365 para que poidan axudar as persoas e familias en situación de vulnerabilidade. 

Campaign hero image
Fame e Seguridade AlimentariaDende: 03/11/23Ata: 04/01/24
AXUDA Á ALIMENTACIÓN DE FAMILIAS VULNERABLES
Obxectivos da campaña

Colaborar para axudar as persoas e familias en situación de vulnerabilidade a través de FESBAL, CÁRITAS, ECOS DO SUR e PARIS 365. A Campaña desenvolverase en dúas partes: do 3 ao 23 de novembro, ambos inclusive, as doazóns recibidas irán dirixidas a FESBAL, CÁRITAS e ECOS DO SUR. E do 4 de decembro ao 3 de xaneiro de 2024, ambos inclusive as doazóns recibidas irán dirixidas a FESBAL, CÁRITAS, ECOS DO SUR e PARIS 365. Coas doazóns recibidas estas organizacións poderán reforzar as actividades que se describen a continuación.

Descrición

Cada vez máis familias teñen dificultades para cubrir as súas necesidades básicas de alimentación debido á situación actual de crise económica e social. En 2021, máis de 13 millóns de persoas, un 27,8%, atopábanse en risco de pobreza e/o exclusión social en España, de acordo cos datos do INE. Trátase dunha tendencia ascendente impulsada pola pandemia e os altos niveis de inflación. 

Ademais, ter fillos e fillas é un factor de risco ante este problema, e estes fogares teñen taxas de pobreza máis altas. Os peores datos téñenos as familias monomarentais e monoparentais que nun 81% dos casos están compostas por unha muller cun ou máis menores dependentes o cal dá lugar a que un 54,3% delas estean en risco de pobreza e exclusión social, unha porcentaxe que supera en 26,5 puntos a taxa media global, segundo o indicador AROPE. 

Por iso, en EROSKI queremos colaborar con FESBAL, CÁRITAS, ECOS DO SUR, e PARIS 365 para que poidan axudar as persoas e familias en situación de vulnerabilidade. 

Actividades

FESBAL compóñena 54 Bancos de Alimentos a nivel estatal que reparten alimentos a 7.497 entidades benéficas. O seu obxectivo é loitar contra a fame, a pobreza e o desperdicio de alimentos mediante o seu aproveitamento e repartición ás persoas máis necesitadas de maneira gratuíta e a través de voluntariado. Os Bancos de Alimentos almacenan e clasifican os alimentos doados e atenden a persoas e familias en situación de vulnerabilidade dedicando toda a súa organización á distribución de alimentos. Principalmente atenden a familias en situación de pobreza, pero tamén a outros colectivos en risco de exclusión social.

CÁRITAS colabora con persoas e familias en situación de vulnerabilidade a través das Cáritas Parroquiais agrupadas en Cáritas Diocesanas con presenza en zonas urbanas e rurais. Ante a dramática situación que viven moitas persoas e familias na actualidade por non ter cubertas as súas necesidades básicas, desde CÁRITAS trabállase para facilitar o acceso a produtos de alimentación e hixiene fomentando o uso de tarxetas de compra que permiten acceder a estes produtos. Ademais, CÁRITAS leva a cabo un diagnóstico de cada situación e en base a iso propón un plan que inclúe acceso a outros recursos e servizos complementarios.

A misión de ECOS DO SUR é promover a integración e participación de colectivos vulnerables ou en risco de exclusión, así como mellorar as condicións de vida dos países con menos posibilidades de desenvolvemento, facilitando o acceso aos recursos, baixo os preceptos de igualdade de oportunidades. Coa axuda dos Céntimos Solidarios garantirase o acceso a recursos básicos e alimentos saudables ás familias máis vulnerables en Galicia e daráselles apoio para a elaboración de menús económicos e saudables a través de talleres.

PARIS 365 é unha organización cidadá sen ánimo de lucro, baseada no voluntariado, que traballa pola prevención das situacións de exclusión social na infancia, e para mellorar as condicións de vida das persoas en situación de vulnerabilidade social. O Comedor e Despensa Solidaria Paris 365 atende as necesidades básicas de alimentación, así como outras de tipo socio-relacional ás persoas e familias de Pamplona e Comarca de Pamplona desde hai 13 anos. O obxectivo é crear unha sociedade máis inclusiva a través do traballo comunitario, a economía social e solidaria, a participación das propias persoas usuarias, a promoción dos dereitos humanos e a consecución da xustiza social para todos os seres humanos.

Quen se beneficiará?

Esta campaña do programa Céntimos Solidarios de EROSKI colaborará con FESBAL, CÁRITAS, ECOS DO SUR, e PARIS 365. Coa axuda que se espera conseguir con esta campaña, estímase que se axudará a 1.700 familias en situación de vulnerabilidade de distintas provincias.

Máis información e ligazóns

CÁRITAS (web)

ECOS DO SUR (web)

FESBAL (web)

PARIS 365  (web)