Eroski
0
Donaciones
0,00 €
Objetivo de 97.147 €

AXUDA Á ALIMENTACION DA INFANCIA E FAMILIAS EN RISCO DE EXCLUSIÓN

No mundo hai 1000 millóns de nenos e nenas que viven en situación de pobreza, a cifra supón case a metade da poboación infantil mundial. España subiu á quinta posición dos países con máis pobreza da Unión Europea cun 20,7% de persoas en risco de exclusión. No caso dos menores de 16 anos, é o terceiro país con máis nenos e nenas pobres de toda Europa, cun 31,3%, por detrás de Romanía e Bulgaria. 

Campaign hero image
Hambre y Seguridad AlimentariaDesde: 05/05/22Hasta: 28/05/25
Axuda á alimentación da infancia e familias en risco de exclusión
Objetivos de la campaña

Colaborar na loita contra a pobreza e a exclusión social a través da Asociación de Nais Soas AMASOL, Cáritas Española, Fundación Gizakia Herritar Paris 365, Fundación Meniños, Fundación Peré Tarres, Save the Children e Unicef. Coas doazóns recibidas estas entidades poderán adquirir e distribuír alimentos entre as familias e colectivos vulnerables especialmente afectados pola crise social da COVID-19.

Descripción

Segundo os últimos datos dispoñibles, 12,5 millóns de persoas, é dicir, o 26,4 % da poboación española, atópase en risco de pobreza e/ou exclusión social. Ter fillos é un importante factor de risco de pobreza e/ou exclusión. O 12 % das persoas que viven en fogares con menores están en pobreza severa e a porcentaxe increméntase de maneira significativa a medida que ascende o número de menores na familia. A pobreza severa é extraordinariamente elevada entre as persoas que forman familias monoparentais (a inmensa maioría das cales están a cargo dunha muller), o 21,5 % destes fogares está en situación de pobreza severa.

Por iso, en EROSKI queremos colaborar coa Asociación de Nais Soas AMASOL, Cáritas Española, Fundación Gizakia Herritar Paris 365, Fundación Meniños, Fundación Peré Tarres, Save the Children e Unicef, para que os nenos e nenas en risco de exclusión social poidan ter cubertas as súas necesidades básicas de alimentación e hixiene.

Actividades

AMASOL, é unha Asociación sen ánimo de lucro de Nais Soas de Aragón especializada no traballo integral con familias monoparentais, fundada en setembro de 2000. Coas doazóns recibidas reforzarán o programa “Espazo AMASOLETE” que aborda accións dirixidas a fogares monoparentais en risco. O programa traballa en tres áreas: REFORZANDO A EDUCACIÓN: dirixida a eliminar bucles de pobreza xeneralizando da posibilidade de éxito educativo; COBERTURA DE NECESIDADES: prevención da cronicidade de situacións de exclusión, mediante a cobertura puntual de necesidades de alimentación e hixiene e CONCILIACIÓN E COIDADO DE MENORES: servizos de coidado de menores e colonias infantís.

CARITAS ESPAÑOLA desenvolve distintas accións con persoas e familias en situación de maior vulnerabilidade a través das Cáritas Parroquiais agrupadas en Cáritas Diocesanas. Presente, tanto en zonas urbanas como rurais, chegan aos recunchos máis insospeitados, onde en numerosas ocasións, non hai outras opcións nin recursos sociais. Ante a vulnerabilidade das familias, agravada ou sobrevinda pola crise, durante este último ano, unha das liñas que fomentaron e trataron de cubrir foi, avanzar na dignificación do dereito a unha alimentación saudable e de calidade, fomentando o uso de tarxetas solidarias, para ir adaptando mellor a axuda ás necesidades das familias desde a súa propia autonomía e capacidade.

FUNDACION GIZAKIA HERRITAR PARIS 365, é unha entidade sen ánimo de lucro fundada en 2008 en Navarra. Traballan para a prevención das situacións de exclusión social na infancia e para mellorar as condicións de vida das persoas en situación de vulnerabilidade social. Os dous proxectos principais que desenvolven en Pamplona e a súa comarca son o Comedor e a Despensa Solidaria. A través do Comedor Solidario reparten 3 comidas diarias os 365 días do ano con aquelas persoas que non poden acceder a unha alimentación adecuada ou se atopan en situación de vulnerabilidade e coa Despensa Solidaria reparten cestas básicas equilibradas, a modo de supermercado, con familias que teñen menores a cargo. 

FUNDACION MENIÑOS. Desde 1996 combate a pobreza e a exclusión social dos nenos e as súas familias a través de proxectos de apoio á crianza, reparando o enfraquecemento psicolóxico e social, que rompe a saúde emocional das familias e a súa dispoñibilidade para a crianza, e axudando a reverter as privacións económicas que limitan o seu acceso aos recursos materiais. Desde os seus inicios atenderon a 9.569 nenos, nenas e adolescentes e a 7.326 familias así como a 130.247 escolares en proxectos educativos e preventivos en 1.040 colexios. 

FUNDACION PERE TARRES fundouse hai 60 anos, é unha organización non lucrativa educativa e de acción social que naceu co fin de promover a educación no tempo libre de nenos e novos. Á súa vez, tamén se centra na atención e acompañamento dos nenos e nenas máis desfavorecidos para garantir a igualdade de oportunidades. A través do programa Ningún neno sen colonias cada verán realizan unha campaña solidaria que ten por obxectivo becar a nenos en situación vulnerable para que tamén poidan gozar da experiencia e de todas as aprendizaxes que se adquiren indo de colonias e clases de verán.

SAVE THE CHILDREN Desde hai máis de 20 anos desenvolven programas de apoio á infancia máis vulnerable, proporcionando unha atención integral aos nenos e as súas familias para que a situación económica ou de exclusión social na que viven non lles impida gozar plenamente dos seus dereitos e poidan alcanzar o máximo das súas capacidades. Cos Céntimos Solidarios Save the Children logrará que os nenos, nenas e familias do seu programa poidan ter acceso a produtos de primeira necesidade como alimentos de calidade e de hixiene a través de bolsas de 100 euros. 

UNICEF traballa nalgúns dos lugares máis difíciles paira chegar ás nenas e nenos máis desfavorecidos do mundo. Con 75 anos de experiencia, UNICEF está presente en 190 países e territorios, traballando paira cada neno e nena, en todas partes, cada día, paira construír un mundo mellor paira todas as persoas. Son o maior provedor de vacinas do mundo; defenden a saúde e a nutrición infantil, a auga e o saneamento seguros, a educación e a formación de calidade, a prevención do VIH e os tratamentos paira nais e bebés, así como a protección dos nenos, nenas e adolescentes contra a violencia e a explotación. A recadación paira UNICEF Comité Español será destinada ao fondo de recursos regulares de UNICEF, que é o fondo que permite á organización intervir con maior flexibilidade no momento e no lugar onde os nenos e as nenas máis o necesiten, velando así pola súa supervivencia, o seu pleno desenvolvemento e os seus dereitos, sen deixar a ninguén atrás.

¿Quién se beneficiará?

Esta campaña do programa Céntimos Solidarios de EROSKI colabora coa Asociación de Nais Soas AMASOL, Cáritas Española, Fundación Gizakia Herritar Paris 365, Fundación Meniños, Fundación Peré Tarres, Save the Children e Unicef, para que a infancia e as familias en risco de exclusión social poidan ter cubertas as súas necesidades básicas de alimentación e hixiene.

Coa axuda que se espera conseguir con esta campaña, estímase que se axudará a 1.410 persoas.

Más información y enlaces

AMASOL (web

CARITAS ESPAÑOLA (web

FUNDACION GIZAKIA HERRITAR PARIS 365 (web)

FUNDACION MENIÑOS (web)

FUNDACION PERE TARRES (web)

SAVE THE CHILDREN (web)

UNICEF (web)