O cancro infantil é a primeira causa de morte por enfermidade nos máis pequenos dentro dos países desenvoltos. En España, cada ano, detéctanse 1.500 novos casos en nenos/ as de 0 a 18 anos. A supervivencia dos menores con cancro en España viuse incrementada nun 45% nos últimos 40 anos, e un dos factores máis importantes foi a detección precoz, así se chegou a que a supervivencia chegue a estar nun 80%. O tratamento adoita ser un proceso agresivo que conleva momentos difíciles para os nenos/ as e as súas familias. Expóñense ao reto da supervivencia, á dureza dos tratamentos, e a moitos outros problemas que afectan a todos os aspectos da súa vida cotiá: económicos, educativos, psicolóxicos, sociais, afectivos…. Tras o diagnóstico prodúcese unha ruptura violenta no funcionamento familiar. Por iso, é necesario desenvolver accións dirixidas a minimizar as alteracións emocionais e a interrupción do adecuado desenvolvemento do neno enfermo. As asociacións de pais e nais de nenos, nenas e adolescentes con cancro realizan un labor fundamental neste ámbito con programas desenvoltos por equipos multidisciplinares (psicólogos, traballadores sociais, voluntarios) en colaboración co equipo médico asistencial dos hospitais.
AMARA en Cantabria, ASPANAFOA en Áraba e a Federación Española de pais de niños/as con cáncer ( FEPNC), que agrupa ás asociacións de pais de nenos con cancro do resto de provincias, son exemplos de entidades sen ánimo de lucro que fan un acompañamento primordial a estas familias ao longo de todo o proceso oncolóxico dos seus fillos/ as. Por iso, en EROSKI queremos colaborar con AMARA CANTABRIA, ASPANAFOA ÁRABA e FEPNC para que xuntos poidan axudar ao maior número de familias posible de maneira permanente achegándolles todo o apoio que necesitan.




