Colaborar na loita contra a pobreza e a exclusión social a través dos Bancos de Alimentos de cada provincia onde están as nosas tendas.
Coas doazóns recibidas, os Bancos de Alimentos poderán adquirir e distribuír alimentos entre as familias e colectivos vulnerables especialmente afectados pola crise social da COVID-19.
Desde a irrupción da COVID-19 os Bancos de Alimentos tiveron que actuar con celeridade para poder adaptar a súa operativa e dar resposta a unha crecente demanda de alimentos por parte das entidades sociais. Á actual emerxencia sanitaria súmaselle unha emerxencia social, na que moitas familias teñen dificultades para cubrir as súas necesidades básicas. É por iso que os Bancos de Alimentos non se deteñen e continúan traballando a contrarreloxo co obxectivo de contribuír a garantir o dereito á alimentación das persoas máis vulnerables da nosa contorna. Por iso, en EROSKI queremos colaborar coa Federación Española de Bancos de Alimentos para que as familias en risco de exclusión social da nosa contorna máis próxima poidan ter cubertas as súas necesidades básicas de alimentación e hixiene.
Os Bancos de Alimentos son entidades sociais sen ánimo de lucro, baseados no voluntariado e o seu obxectivo é redistribuír gratuitamente entre as persoas que o necesitan os excedentes alimentarios das empresas, evitando así o desperdicio alimentario, e as doazóns de alimentos que reciben.
As actividades que levan a cabo son:
- Almacenar e clasificar os alimentos recuperados e recollidos polo Banco para repartilos entre os máis necesitados.
- Distribuír a diferentes entidades sociais que atenden principalmente familias en situación de pobreza como outros colectivos en risco de exclusión social.
A Federación Española de Bancos de Alimentos, asociación sen ánimo de lucro creada en 1996, coordina as actividades dos 54 Bancos de Alimentos de España. No ano 2019, repartiu máis de 144,5 millóns de quilos que chegaron a 1,1 millóns de persoas vulnerables e necesitadas, a través dunha rede de máis de 7.200 institucións benéficas, e todo iso grazas ao esforzo de 3.211 voluntarios permanentes.
En 2020, coa pandemia están a colaborar con 8.053 entidades beneficiarias de toda España, que chegan a 1,8 millós de persoas, aproximadamente.
Esta campaña do programa Céntimos Solidarios de EROSKI colaborará na alimentación das familias en situación de pobreza e outros colectivos en risco de exclusión social ás que os Bancos de Alimentos axudan en cada provincia na que as nosas tendas están localizadas.
Coa axuda que se espera acadar con esta campaña, estímase que se alcanzarán os 377.000 kilos de comida para alimentar durante dous meses a 6.000 persoas.
