A función social da Institución lévase a cabo nos 5 centros que forman o Centro Integrado de Atención Social, formado polo Centro Social de Atención Continuada, o Comedor Social, o Albergue, o Grupo de Inserción, o Centro de Acollida Básica e Inclusión (CABI) e o Taller Téxtil para a Inclusión Sociolaboral. Contamos con 114 prazas residenciais e unha capacidade de atención diaria para unhas 250 persoas.
No centro coordínase o desempeño dun total de 34 traballadores. Un equipo humano que atende as diferentes áreas: social, sanitaria, psicolóxica, xurídica, téxtil, servizos de roupeiro, lavandaría, cociña, limpeza e seguridade. Este traballo vese reforzado pola presenza de 45 voluntarios nos ámbitos de roupeiro, comedor social, actividades e acompañamentos.