Os obxectivos xerais da intervención que realizamos no centro coas persoas usuarias son os seguintes:
- Incorporar a procesos de redución de danos, cambio e mellora persoal a persoas con dinámicas de vida desestruturada que pasan a noite na rúa.
- Impulsar ao autocoidado persoal, facilitando os medios necesarios para unha adecuada hixiene e vestimenta.
- Promover o inicio dunha intervención social a través do aloxamento.
- Xerar redes de apoio para preservar a autonomía persoal.
- Acompañar procesos, buscando sempre o maior grao de autonomía da persoa.
- Ofrecer un lugar de pertenza que lles dea seguridade, aumente a estima propia e mellore e estimule as relacións persoais.
- Iniciar e acompañar procesos socioeducativos a través dun plan de intervención personalizado fomentando a competencia sociolaboral e as habilidades persoais necesarias para a plena integración sociolaboral.
- Favorecer a recuperación da rede de relacións familiares e sociais, no seu caso, ou conseguir unha nova rede social.
- Favorecer a formación e procura de emprego.
A función social da Institución lévase a cabo nos 5 centros que forman o Centro Integrado de Atención Social, formado polo Centro Social de Atención Continuada, o Comedor Social, o Albergue, o Grupo de Inserción, o Centro de Acollida Básica e Inclusión (CABI) e o Taller Téxtil para a Inclusión Sociolaboral. Contamos con 114 prazas residenciais e unha capacidade de atención diaria para unhas 250 persoas.
No centro coordínase o desempeño dun total de 34 traballadores. Un equipo humano que atende as diferentes áreas: social, sanitaria, psicolóxica, xurídica, téxtil, servizos de roupeiro, lavandaría, cociña, limpeza e seguridade. Este traballo vese reforzado pola presenza de 45 voluntarios nos ámbitos de roupeiro, comedor social, actividades e acompañamentos.
- Servizos asistenciais: Aloxamento, Comedor, Roupeiro e lavandaría, Atención sanitaria, Atención básica a familias.
- Intervención socioeducativa: Asociada aos servizos residenciais de Atención Continuada, Albergue e Grupo de Inserción e CABI, e apoiada na atención de necesidades básicas e os espazos de apoio psicosocial, desenvolvemos o noso programa de intervención, que consta das seguintes fases: Admisión, Acollida, Proposta de intervención, Seguimento, Avaliación, Desenvolvo da intervención.
- A participación e implicación do usuario nos espazos serven de apoio ao resto da intervención. As actividades prográmanse en función das necesidades e intereses dos usuarios participantes, e desenvólvense nos seguintes ámbitos: Saúde, deporte, habilidades sociais, orientación laboral, sociocultural, artístico, lecer e tempo libre, participación.
Aquelas persoas que residen no noso centro e que reciben un conxunto de servizos, desde o asistencial a itinerarios personalizados.
Padre Rubinos (Web)
