Coas doazóns recibidas estas organizacións poderán reforzar os proxectos que se describen a continuación.
Fundación Ana Bella
A Fundación Ana Bella é unha Rede de Mulleres Sobreviventes que transformaron o sufrimento que viviron, en experiencia e empatía para detectar as vítimas invisibles, e axudalas a deixar a relación abusiva. Co “Programa Amiga” proporcionan asesoramento especializado, acompañamento presencial e axuda para o acceso aos recursos públicos e emocional durante todo o proceso, axudas económicas, laborais e terapéuticas, para que “Rompan o Silencio”, se empoderen cun traballo digno acorde as súas expectativas, e superen a violencia non como vítimas dependentes dun subsidio, senón como mulleres sobreviventes, felices e capaces de conquistar os seus soños.
Ecos do Sur
A través do proxecto “Salvia” acompáñase ás sobreviventes de violencia no seu proceso de recuperación, ofrecendo un espazo seguro onde reconstruír as súas vidas. O apoio de Ecos do Sur é multidisciplinar, intercultural e integral. O obxectivo é que as mulleres participantes atopen un emprego que favoreza a súa independencia, fortalecendo a súa autonomía, confianza, autoestima e toma de decisións. Para logralo, proporciónase acompañamento social, psicolóxico e legal; mediación intercultural, orientación laboral, formación e mediación con empresas para xerar oportunidades reais.
Fundación Gizakia
A través do programa de intervención en violencia de xénero e relacións tóxicas con adolescentes, abórdanse situacións de conflito, risco ou vulnerabilidade asociadas a relacións tóxicas ou situacións incipientes de violencia machista con mozas de 12 a 23 anos, e as súas familias. Realízanse procesos de intervención que permitan cambiar a dinámica relacional, empoderar ás novas, romper estereotipos, e contribuír a que as familias actúen como axentes de prevención e protección ante relacións tóxicas e violentas contra as mulleres.