ACNUR, é a Axencia das Nacións Unidas que protexe e axuda as persoas refuxiadas e desprazadas en todo o mundo sendo a súa misión garantir a súa protección e buscar solucións sustentables para elas. Leva 70 anos enfrontando múltiples crises en todo o mundo e é a axencia líder na entrega de axuda humanitaria en emerxencias: nas primeiras 72 horas é capaz de levar axuda a máis de 600.000 persoas. Na guerra de Ucraína axuda as persoas desprazadas entregando auga, alimentos, roupa de abrigo, mantas e refuxios de emerxencia. O Comité Español de ACNUR apoia e financia o traballo de ACNUR a través de campañas de sensibilización e recadación de fondos en España.
CEAR, a Comisión Española de Axuda ao Refuxiado, é unha ONG que leva desde 1979 defendendo o dereito de asilo e os dereitos humanos promovendo o desenvolvemento integral das persoas refuxiadas que veñen fuxindo de conflitos bélicos ou de violación dos Dereitos Humanos, solicitantes de asilo, apátridas ou migrantes con necesidade de protección internacional e/ou en risco de exclusión social. Nesta situación de emerxencia en Ucraína, CEAR traballa na acollida de familias que chegan a España para garantir que sexan atendidas dunha maneira digna e integral co obxectivo de que poidan refacer as súas vidas canto antes.
ZEHAR-Errefuxiatuekin, na década dos 80 e inicios dos 90, no contexto de conflitos e guerras en Romanía, os Balcáns, Ruanda, Angola, Liberia e outros lugares, moitas persoas víronse forzadas a desprazarse en busca dun lugar seguro onde vivir en paz. Para dar resposta a esta situación, un grupo de estudantes no País Vasco comezou a mobilizarse da man de Javier Galparsoro para atender a quen solicitaban asilo en Euskadi. Toda unha aposta por un mundo mellor. Ese foi o xerme que deu lugar, algún tempo despois, en 1996, á creación de CEAR-Euskadi, actualmente Zehar-Errefuxiatuekin. As persoas desprazadas de Ucraína que necesitan aloxamento son acollidas nos centros de Zehar en Euskadi, onde reciben todo o apoio necesario para descansar e restablecerse.