Eroski
0
Doazóns
0,00 €
Obxectivo de 112.269 €

Axuda ás persoas afectadas pola guerra en Ucraína

Preto de 7 millóns de persoas están desprazadas internamente e o número de persoas que fuxiron a outros países veciños son case 4,2 millóns. Coa túa axuda as entidades ACNUR, CEAR e Zehar-Errefuxiatuekin poderán reforzar a súa axuda e apoiar aos afectados.

Campaign hero image
EmerxenciasDende: 07/04/22Ata: 05/05/22
Axuda a Ucraína
Obxectivos da campaña

Coas doazóns recibidas estas organizacións poderán reforzar e axudar a un maior número de persoas afectadas polo conflito en Ucraína a través das actividades e servizos que se describen no apartado de actividades.

Descrición

Preto de 7 millóns de persoas están desprazadas internamente e o número de persoas que fuxiron a outros países veciños chegan case aos 4,2 millóns. Máis dun mes de guerra tivo un impacto devastador nas infraestruturas que quedaron destruídas e as cadeas de subministracións interrompidas, o que representan agora unha grave ameaza para millóns de persoas. ACNUR, CEAR e Zehar-Errefuxiatuekin son exemplos de entidades sen ánimo de lucro que acompañan a poboación de Ucraína afectada pola guerra. Por iso en EROSKI queremos colaborar con estas entidades para que xuntos podamos axudar ao maior número de afectados posible neste momento de emerxencia tanto en Ucraína e países limítrofes, como en España.

Actividades

ACNUR, é a Axencia das Nacións Unidas que protexe e axuda as persoas refuxiadas e desprazadas en todo o mundo sendo a súa misión garantir a súa protección e buscar solucións sustentables para elas. Leva 70 anos enfrontando múltiples crises en todo o mundo e é a axencia líder na entrega de axuda humanitaria en emerxencias: nas primeiras 72 horas é capaz de levar axuda a máis de 600.000 persoas. Na guerra de Ucraína axuda as persoas desprazadas entregando auga, alimentos, roupa de abrigo, mantas e refuxios de emerxencia. O Comité Español de ACNUR apoia e financia o traballo de ACNUR a través de campañas de sensibilización e recadación de fondos en España.

CEAR, a Comisión Española de Axuda ao Refuxiado, é unha ONG que leva desde 1979 defendendo o dereito de asilo e os dereitos humanos promovendo o desenvolvemento integral das persoas refuxiadas que veñen fuxindo de conflitos bélicos ou de violación dos Dereitos Humanos, solicitantes de asilo, apátridas ou migrantes con necesidade de protección internacional e/ou en risco de exclusión social. Nesta situación de emerxencia en Ucraína, CEAR traballa na acollida de familias que chegan a España para garantir que sexan atendidas dunha maneira digna e integral co obxectivo de que poidan refacer as súas vidas canto antes. 

ZEHAR-Errefuxiatuekin, na década dos 80 e inicios dos 90, no contexto de conflitos e guerras en Romanía, os Balcáns, Ruanda, Angola, Liberia e outros lugares, moitas persoas víronse forzadas a desprazarse en busca dun lugar seguro onde vivir en paz. Para dar resposta a esta situación, un grupo de estudantes no País Vasco comezou a mobilizarse da man de Javier Galparsoro para atender a quen solicitaban asilo en Euskadi. Toda unha aposta por un mundo mellor. Ese foi o xerme que deu lugar, algún tempo despois, en 1996, á creación de CEAR-Euskadi, actualmente Zehar-Errefuxiatuekin. As persoas desprazadas de Ucraína que necesitan aloxamento son acollidas nos centros de Zehar en Euskadi, onde reciben todo o apoio necesario para descansar e restablecerse.

Quen se beneficiará?

Esta campaña do programa Céntimos Solidarios de EROSKI colaborará cos afectados pola guerra de Ucraína a través dos programas de emerxencia de ACNUR, CEAR (Comisión Española de Axuda ao Refuxiado) e Zehar-Errefuxiatuekin.

Coa axuda que se espera conseguir con esta campaña, estímase que se axudará a 3.368 persoas afectadas.

Máis información e ligazóns

ACNUR (web)

CEAR (web)

ZEHAR-Errefuxiatuekin (web)