Só una de cada cinco mulleres asasinadas por violencia de xénero en 2021, o 20,9%, denunciara ao seu agresor ou solicitado axuda. As razóns para non facelo son moitas: temor por elas e os seus fillos, falta de información sobre onde ou como conseguir apoio ou subestimación do perigo que corren. Isto fai que só una de cada cinco mulleres maltratadas reciba axuda; o resto, máis de 1.500.000 mulleres, son invisibles porque non rompen o silencio. A Covid-19 supuxo unha barreira adicional para que as vítimas denuncien e deixou en exclusión as sobreviventes sen emprego que esgotaron as axudas públicas. Os fillos e fillas tamén son vítimas da violencia de xénero, conviven nun ambiente hostil, son testemuñas e sofren os malos tratos directa e indirectamente.
Ademais, cando hai un asasinato de violencia de xénero, os fillos e fillas da vítima quedan a miúdo invisibilizados e esquecidos, o que dificulta que teñan a protección e reparación do dano adecuadas por parte da administración pública. Os orfos e orfas e os seus familiares, en moitas ocasións quedan desamparados, sen información, asesoramento sobre os pasos que tomar nin espazo para o duelo.
Cruz Vermella, Fundación Ana Bella e Fondo de Bolsas Soledad Cazorla/Fundación Mujeres son exemplos de entidades sen ánimo de lucro que, por unha banda, traballan coas mulleres sobreviventes de maneira integral na súa autoprotección, acompañamento emocional e empoderamento a través dun traballo digno, e, doutra banda, apoian e acompañan o desenvolvemento educativo dos orfos e orfas.
Por iso en EROSKI queremos colaborar con estas entidades para que xuntas poidan axudar ao maior número posible de mulleres e menores vítimas achegándolles todo o apoio que necesitan.