Eroski
0
Doazóns
0,00 €
Obxectivo de 173.069 €

Axuda a mulleres, nenos e nenas vítimas da violencia de xénero

mulleres, son invisibles porque non rompen o silencio. Ademais, cando hai un asasinato de violencia de xénero, os fillos e fillas da vítima quedan a miúdo invisibilizados e esquecidos. Coa túa axuda, Cruz Vermella, Fundación Ana Bella e o Fondo de Bolsas Soledad Cazorla/Fundación Mujeres poderán reforzar a súa axuda ás vítimas da violencia de xénero.

Campaign hero image
Dereitos HumanosDende: 02/03/22Ata: 07/04/22
Axuda a mulleres, nenos e nenas vítimas da violencia de xénero
Obxectivos da campaña

Colaborar para axudar a mulleres e infancia vítimas da violencia de xénero, a través de Cruz Vermella, Fundación Ana Bella e o Fondo de Bolsas Soledad Cazorla/Fundación Mujeres. Coas doazóns recibidas estas organizacións poderán reforzar as actividades que se describen a continuación para chegar a máis mulleres e menores e que os seus servizos sexan máis estables e permanentes.

Descrición

Só una de cada cinco mulleres asasinadas por violencia de xénero en 2021, o 20,9%, denunciara ao seu agresor ou solicitado axuda. As razóns para non facelo son moitas: temor por elas e os seus fillos, falta de información sobre onde ou como conseguir apoio ou subestimación do perigo que corren. Isto fai que só una de cada cinco mulleres maltratadas reciba axuda; o resto, máis de 1.500.000 mulleres, son invisibles porque non rompen o silencio. A Covid-19 supuxo unha barreira adicional para que as vítimas denuncien e deixou en exclusión as sobreviventes sen emprego que esgotaron as axudas públicas. Os fillos e fillas tamén son vítimas da violencia de xénero, conviven nun ambiente hostil, son testemuñas e sofren os malos tratos directa e indirectamente. 

Ademais, cando hai un asasinato de violencia de xénero, os fillos e fillas da vítima quedan a miúdo invisibilizados e esquecidos, o que dificulta que teñan a protección e reparación do dano adecuadas por parte da administración pública. Os orfos e orfas e os seus familiares, en moitas ocasións quedan desamparados, sen información, asesoramento sobre os pasos que tomar nin espazo para o duelo.

Cruz Vermella, Fundación Ana Bella e Fondo de Bolsas Soledad Cazorla/Fundación Mujeres son exemplos de entidades sen ánimo de lucro que, por unha banda, traballan coas mulleres sobreviventes de maneira integral na súa autoprotección, acompañamento emocional e empoderamento a través dun traballo digno, e, doutra banda, apoian e acompañan o desenvolvemento educativo dos orfos e orfas. 

Por iso en EROSKI queremos colaborar con estas entidades para que xuntas poidan axudar ao maior número posible de mulleres e menores vítimas achegándolles todo o apoio que necesitan.

Actividades

CRUZ VERMELLA desenvolve un proxecto para facilitar a autoprotección de mulleres vítimas de violencia de xénero. Entre as accións realizadas está a elaboración e execución de plans personalizados de prevención e xestión de riscos ante situacións de violencia. Estes inclúen, en primeiro lugar, accións de apoio emocional coas mulleres, para que recuperen a confianza e seguridade persoal nas súas propias capacidades; e, posteriormente, ofrecen formación práctica sobre medidas de prevención e técnicas de autoprotección e defensa persoal. Así mesmo, dentro do proxecto axúdase ás mulleres na adquisición de elementos de alerta para ser utilizados nos espazos de maior risco, como poden ser a súa propia vivenda.

A misión da FUNDACIÓN ANA BELLA é a construción dunha sociedade igualitaria libre de violencia cara as mulleres. Para iso, apoia as vítimas e os seus fillos e fillas para que rompan o silencio e volvan ser felices, as sobreviventes para que liberen o seu potencial como axentes de cambio e cocrean solucións eficaces con empresas e medios de comunicación. O programa AMIGA responde as peticións de axuda de forma inmediata e adaptada ás circunstancias de cada muller. Así, ofrece apoio emocional presencial e telefónico, terapia psicolóxica especializada e o acompañamento por unha amiga sobrevivente durante todo o proceso de acceso aos recursos públicos, pago de fianzas e alugueres en vivendas lonxe do agresor unha vez saíron das casas de acollida.

O FONDO DE BOLSAS SOLEDAD CAZORLA/FUNDACIÓN MUJERES ten como obxectivo apoiar no desenvolvemento persoal e educativo dos orfos e orfas da violencia de xénero, así como acompañalos e asesoralos ao longo de todo o proceso unha vez ocorrido o crime. Para iso, o Fondo de Bolsas Soledad Cazorla proporciona axudas económicas destinadas a cubrir os gastos escolares e extraescolares, así como de apoio psicolóxico, dos menores; ofrece un servizo gratuíto de asesoría xurídica especializada para cuestións xudiciais e administrativas; e participa activamente na sensibilización e visibilización das problemáticas detectadas a través das súas memorias anuais e outras actividades de difusión e reivindicación.

Quen se beneficiará?

Esta campaña do programa Céntimos Solidarios de EROSKI colaborará coas mulleres, nenos e nenas vítimas de violencia de xénero para poder reforzar e manter activos os programas de apoio e asesoramento de Cruz Vermella, a Fundación Ana Bella e o Fondo de Bolsas Soledad Cazorla/Fundación Mujeres. 

Coa axuda que se espera conseguir con esta campaña, estímase que se axudará a 1.577mulleres, nenos e nenas de distintas provincias. 

Máis información e ligazóns

CRUZ VERMELLA (web)

FUNDACION ANA BELLA (web)

FONDO DE BOLSAS SOLEDAD CAZORLA/FUNDACIÓN MUJERES (web)