A crise sanitaria e económica acentuou a situación de vulnerabilidade na que se atopan algunhas familias con menores ao seu cargo. Trátase de, por exemplo, familias con persoas en desemprego de longa duración ou con carencia de autorización de residencia e/ou traballo, familias monoparentais ou mulleres con menores ao seu cargo, entre outras. En xeral, persoas con dificultades para cubrir as súas necesidades por ingresos nulos ou insuficientes. Neses casos, asegurar que os nenos e as nenas teñen acceso a unha educación, alimentación e hixiene adecuadas é prioritario. Por iso, en EROSKI queremos colaborar co proxecto de apoio escolar a nenos en risco de exclusión social de Cruz Roja A Coruña, que proporciona ao ano 8.500 merendas e reforzo escolar a máis de 300 nenos e nenas.