O Programa de Promoción do Éxito Escolar de Cruz Roja en A Coruña ten o obxectivo de mellorar a calidade de vida da infancia e mocidade en dificultade social. Os obxectivos específicos son:
- Reforzar as competencias académicas de nenos e nenas en dificultade social.
- Promocionar os coñecementos teóricos e hábitos que melloran a súde destes nenos e nenas.
- Facilitar o seu desenvolvemento social.
- Mellorar as relacións intrafamiliares dos nenos e nenas en dificultade social.
- Facilitar o acceso a todos os recursos necesarios destes nenos e nenas.
Como parte do Programa, repártense 8.500 merendas e xantares anuais, segundo as necesidades do menor. A través desta campaña axudarase con esta alimentación dos nenos e nenas en situación de vulnerabilidade.
A crise sanitaria e económica acentuou a situación de vulnerabilidade na que se atopan algunhas familias con menores ao seu cargo. Trátase de, por exemplo, familias con persoas en desemprego de longa duración ou con carencia de autorización de residencia e/ou traballo, familias monoparentais ou mulleres con menores ao seu cargo, entre outras. En xeral, persoas con dificultades para cubrir as súas necesidades por ingresos nulos ou insuficientes. Neses casos, asegurar que os nenos e as nenas teñen acceso a unha educación, alimentación e hixiene adecuadas é prioritario. Por iso, en EROSKI queremos colaborar co proxecto de apoio escolar a nenos en risco de exclusión social de Cruz Roja A Coruña, que proporciona ao ano 8.500 merendas e reforzo escolar a máis de 300 nenos e nenas.
O proxecto desenvolverase no territorio da Coruña onde se localizan as tendas que participan na campaña.
El programa consta de catro liñas de actuación:
- Acompañamento, na que se proporciona un apoio educativo, realízanse actividades de promoción da saúde, para o desenvolvemento de habilidades de desenvolvemento persoal e lúdico-educativas.
- Entrega de ben, na que se busca facilitar o acceso a todos os recursos necesarios para que os nenos en situación de dificultade social alcancen o éxito escolar, sempre na actuación global do neno no proxecto. Así, entrégase material escolar, kits de hixiene, roupa, etc.
- Estancia, en la que se entregan merendas e almorzos segundo as necesidades do menor.
Esta campaña de Eroski contribuirá a atender a unha parte das familias con nenos e nenas menores ao seu cargo en situación vulnerable residentes na Coruña. En concreto, permitirá axudar a máis de 52 nenos e nenas de 130 familias das zonas próximas ás tendas que participan na campaña. Trátase de familias con persoas en desemprego de longa duración que exercen unha procura activa de emprego, familias con persoas con carencia de autorización de residencia e/ou traballo, familias monoparentais ou mulleres con menores ao seu cargo e familias con dificultades derivadas da crise económica. En xeral, persoas con dificultades para cubrir as súas necesidades por ingresos nulos ou insuficientes.
