Na Asociación Española Contra o Cancro (AECC), organización sen ánimo de lucro, traballan desde hai 69 anos na loita contra esta enfermidade. Formada por pacientes, familiares, voluntarios, colaboradores e profesionais, desenvolven a súa actividade en toda España. No seu ADN está estar á beira das persoas, polo que o seu traballo oriéntase a axudalas a previr o cancro, estar con elas e as súas familias durante todo o proceso da enfermidade, cando llo diagnostican, e mellorar o seu futuro co impulso á investigación oncolóxica.
Por iso, través do programa “Atención integral á muller con cancro” dan cobertura ás necesidades que presentan as mulleres diagnosticadas de cancro e tamén aos seus familiares, sempre de forma gratuíta. En concreto, proporcionan:
- Atención interdisciplinar e transversal (social, médica, psicolóxica) con pacientes.
- Atención psicolóxica
- Atención social (cobertura de necesidades básicas, orientación laboral, etc.)
- Fisioterapia oncolóxica e autocoidado
- Actividades de lecer e tempo libre
- Asesoramento médico-sanitario
SARAY foi creada a principios do ano 1996, a partir dun grupo de persoas que viron a necesidade de asociarse para proporcionar axuda e apoio ás persoas con cancro de mama. A súa misión é xerar un alto impacto social a través de favorecer e promover unha atención Integral ás persoas con cancro de mama e a súa contorna familiar, complementando as actuacións institucionais, principalmente no ámbito socio-sanitario, mantendo unha colaboración e coordinación cos profesionais implicados na patoloxía mamaria e achegando valor para contribuír á investigación sobre o cancro de mama e á información e sensibilización da sociedade.