A inmunización é unha das intervencións médicas en saúde pública máis eficientes en termos de custo e, segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), evita cada ano entre dous e tres millóns de mortes, sobre todo infantís. Pero en moitos países sen recursos ou afectados pola inestabilidade ou a violencia, os plans de inmunización están en crise e en demasiadas ocasións as vacinas non chegan ata as persoas que máis as necesitan. Ademais, debido á COVID-19, moitos países en vías de desenvolvemento detiveron as súas campañas masivas de vacinación por mor dos confinamentos ou por medo a que a concentración de persoas puidese propagar o virus máis rapidamente. Isto está a provocar que centos de miles de nenos non recibisen as doses necesarias para estar protexidos. É por iso que organizacións como UNICEF, Médicos Sen Fronteras e ACNUR traballan para inmunizar con vacinas, a nenos e nenas en diferentes países en desenvolvemento por exemplo República Democrática do Congo e os campos do leste do Chad.
Por iso en EROSKI queremos colaborar con UNICEF, Médicos Sin Fronteras e ACNUR para vacinar o maior número posible de nenos contra enfermidades como o xarampón, a poliomielite ou o cólera.