A crise social derivada da emerxencia sanitaria provocada pola COVID -19, está a ter o seu maior impacto nas familias máis vulnerables. Agrandando e evidenciando, durante este período de confinamento, as desigualdades das que xa partían a infancia en risco de Pobreza e/ou exclusión social. Sen as medidas axeitadas, esta crise, desembocará nunha crise social de importante gravidade. Coa túa aportación, poderás axudarnos a prestar a 150 familias e 250 nenos e nenas en risco de exclusión social do Programa de Integración Familiar de Galicia, o apoio necesario para reducir as desigualdades agravadas coa actual crise.


