Este proxecto sitúase como unha aportación complementaria ao Programa de Integración Familiar de Galicia, deseñado e xestionado pola Fundación Meniños para a Xunta de Galicia, que ten como obxectivo a consolidación e recuperación das condicións protectoras das familias en situación de vulnerabilidade.
O obxectivo xeral do Programa IGUALANDO OPORTUNIDADES, é garantir a atención axeitada dos nenos, nenas e adolescentes no entorno familiar, facilitándolles o acceso aos recursos necesarios para asegurar a educación e o coidado a 250 nenos, nenas e adolescentes máis vulnerables e ao redor de 150 familias. Ten, ademais, os seguintes obxectivos específicos:
- Facilitar o acceso dos nenos e nenas máis vulnerables a un apoio educativo axeitado, en calquera dos escenarios posibles ante a Pandemia.
- Garantir o benestar psicosocioemocional dos nenos e nenas e as súas familias/coidadores.
- Mellorar as capacidades socioeconómicas das familias para cubrir gastos extraordinarios derivados da situación excepcional do confinamento.
- Sensibilizar á sociedade sobre a situación de vulnerabilidade que viven as familias en risco de exclusión ante a situación de emerxencia e as posibles respostas que existen ante a mesma.

O proxecto IGUALANDO OPORTUNIDADES levarase a cabo en Galicia, no marco do Proxecto de Integración familiar que leva a cabo as seguintes accións:
- Intervención Psicosocial: transmitindo estratexias que melloren o funcionamento persoal, familiar e social, a través de actividades educativas e de fomento da participación social.
- Atención Infantil: para garantir a convivencia familiar dos nenos e nenas en condicións de seguridade, estabilidade e afecto.
- Educación Familiar: para a adquisición de habilidades e hábitos orientados a cubrir as necesidades dos nenos, nenas e adolescentes.
- Terapia Familiar: para resolver problemas psicolóxicos, de relación e de conduta das persoas participantes no programa.
A axuda recollida a través dos céntimos solidarios de EROSKI, destinarase a apoiar a nutrición de 250 nenos e nenas e 110 familias vulnerables dentro do programa IGUALANDO OPORTUNIDADES en GALICIA. Trátase de familias que afrontan algunhas das seguintes dificultades:
- Expediente aberto no sistema de protección Á INFANCIA.
- Redución dos seus ingresos, e gastos adicionais DERIVADOS DA CRISE SANITARIA
- Dificultades no acceso a RECURSOS EDUCATIVOS