Eroski
0
Doazóns
0,00 €
Obxectivo de 127.460 €

AXUDA A MENORES CON CANCRO

Cada ano detéctanse 1.500 novos casos de cancro en menores de 18 anos en España. Coa túa axuda, as asociacións de pais de nenos con cancro máis próximas e CONTRA EL CÁNCER ÁLAVA  poderán reforzar a súa axuda para loitar contra a enfermidade e apoiar as familias afectadas. 

Campaign hero image
SaúdeDende: 03/02/22Ata: 03/03/22
Axuda a menores con cancro
Obxectivos da campaña

Colaborar para a axudar aos menores con cancro e as súas familias a través da asociación de pais e nais de nenos e nenas con cancro de cada zona. Coa colaboración da Federación Española de Padres de niños con cáncer (FEPNC) poderemos chegar ás distintas asociacións locais para axudar as familias afectadas que están máis próximas as nosas tendas. En Álava e Cantabria colaboraremos directamente coas asociacións CONTRA EL CÁNCER ÁLAVA e AMARA, respectivamente. Coas doazóns recibidas estas organizacións poderán reforzar as actividades que se describen a continuación para chegar a máis familias e que os seus servizos sexan máis estables e permanentes.

Descrición

O cancro infantil é a primeira causa de morte por enfermidade en menores dentro dos países desenvolvidos. Cada ano diagnostícanse ata 300.000 novos casos entre menores de 18 anos, dos cales ao redor de 1.500 casos corresponden a España.

Tras un diagnóstico de cancro infantil, a estrutura familiar vese afecta de maneira directa. O tratamento do cancro adoita ser un proceso agresivo que leva momentos difíciles para os nenos/as e as súas familias e, ademais, afecta a todos os aspectos da súa vida cotiá: económicos, educativos, psicolóxicos, sociais, afectivos... Por iso, é necesario desenvolver accións dirixidas a minimizar as alteracións emocionais e a evitar a interrupción do adecuado desenvolvemento do menor enfermo. As asociacións de pais e nais de nenos, nenas e adolescentes con cancro realizan un labor fundamental neste ámbito con programas desenvolvidos por equipos multidisciplinares (psicólogos, traballadores sociais, voluntarios) en colaboración co equipo médico asistencial dos hospitais. 

AMARA en Cantabria, CONTRA EL CÁNCER ÁLAVA e a Federación Española de Padres de niños con cáncer (FEPNC), que agrupa as asociacións de pais de nenos con cancro do resto de provincias, son exemplos de entidades sen ánimo de lucro que fan un acompañamento primordial a estas familias ao longo de todo o proceso oncolóxico dos seus fillos/as.

Por iso en EROSKI queremos colaborar con estas entidades para que xuntos poidan axudar ao maior número de familias posible de maneira permanente achegándolles todo o apoio que necesitan.

Actividades

En AMARA Cantabria teñen como obxectivo principal axudar ao menor con cancro e a súa familia na súa dimensión psicosocial. A asociación na actualidade conta cun núcleo de actuación de aproximadamente 50 familias afectadas e traballa en continua relación coa Consellería de Sanidade, o Servizo Cántabro de Saúde e o Hospital Universitario Marqués de Valdecilla (H.U.M.V.).

Os seus principais proxectos para levar a cabo o apoio aos nenos e nenas con cancro e as súas familias son:

  • Servizo de Apoio Psicolóxico gratuíto desde o diagnóstico con presenza no H.U.M.V. de maneira cotiá.
  • Intervención económica con cheques de comida e cea para familias desprazadas ao hospital biscaíño de Cruces.
  • Paliar efectos secundarios dos tratamentos con doazón de material sanitario ao Hospital de Día de Hematoloxía Pediátrica do H.U.M.V.
  • Intervención de apoio nos centros educativos dos nenos e adolescentes diagnosticados de cancro en Cantabria, previa autorización de pais ou titores legais.
  • Acompañamento hospitalario mediante voluntariado.
  • Actividades de información, divulgación e sensibilización social.
  • Actividades de lecer e entretemento para as familias en contornas extra hospitalarias.

CONTRA EL CÁNCER ÁLAVA  a través dos seus distintos programas axuda aos enfermos de cancro de Álava e as súas familias. Así, ofrece de maneira gratuíta e profesional apoio psicolóxico, atención social e orientación médica para os pacientes de cancro e as súas familias. Conta con profesionais médicos que resolven dubidas fronte ao diagnóstico, psicólogos que axudan a afrontar o diagnóstico, reducir a ansiedade, combater os medos, etc., ademais de con residencias de acollida, material ortopédico ou axudas económicas para mellorar a situación das persoas con cancro. Ademais,  CONTRA EL CÁNCER é a entidade privada que máis diñeiro inviste en investigación a nivel estatal. 

As 22 asociacións que integran a FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PADRES DE NIÑOS/AS CON CÁNDER (FEPNC) traballan desde o mesmo momento do diagnóstico cun equipo de profesionais que ofrece apoio ás familias afectadas cun menor con cancro. A misión principal da Federación e as súas asociacións membro, é mellorar a calidade de vida dos menores enfermos e das súas familias. Estas son algunhas das súas actividades:

  • A nivel psicolóxico, grazas ás sesións terapéuticas individuais ou en grupo, trabállase para que as familias afectadas polo cancro infantil poidan afrontar os cambios que se producirán na súa vida durante o tratamento e en todas as fases da enfermidade. 
  • A nivel social, informando e axudando sobre as diferentes prestacións existentes, realizando os trámites necesarios, xestionando o préstamo de material ortoprotésico, etc.
  • A nivel educativo, dando apoio extraescolar a domicilio e nas asociacións, así como no hospital cando é necesario.
  • Rede de pisos de acollida repartidos por toda España, xeralmente preto dos hospitais de referencia, para familias desprazadas da súa Comunidade.
  • Actividades de voluntariado, presencial cando a situación sanitaria actual o permita, e se non, a través de plataformas.
Quen se beneficiará?

Esta campaña do programa Céntimos Solidarios de EROSKI colaborará cos menores con cancro e as súas familias da contorna das nosas tendas. O obxectivo é poder reforzar e manter activos os programas de axuda para a loita contra o cancro infantil e os servizos de apoio as súas familias.

Coa axuda que se espera conseguir con esta campaña, estímase que se colaborará con 3.430 nenos/as e familias. 

Máis información e ligazóns

AMARA Cantabria (web)

CONTRA EL CANCER Álava (web)

FEPNC (web)