Estímase que en España residen máis de 4 millóns de persoas con discapacidade, isto supón que aproximadamente o 9% da poboación total loita para unha vida en igualdade de condicións coresto da sociedade. Así, máis de 1 millón de persoas xordas ou con discapacidade auditiva loitan pola eliminación das barreiras de comunicación; 30.000 familias cun fillo/a con Síndrome de Down traballan pola súa inclusión e autonomía en todos os ámbitos das súas vidas; e 2,5 millóns de discapacitados físicos e orgánicos enfróntanse cada día á plena inclusión e participación activa en todos os ámbitos da sociedade.
A situación de crise actual pola COVID-19 aumentou o risco de sufrir situacións de desprotección social e tivo un alto impacto negativo para moitas familias. Por iso, en EROSKI queremos colaborar, a través do programa Céntimos Solidarios, coa Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE), a Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE) e DOWN ESPAÑA, dedicadas a axudar ás persoas con discapacidade e ás súas familias.