Eroski
0
Doazóns
0,00 €
Obxectivo de 124.690 €

APOIO ÁS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

As persoas con discapacidade teñen máis risco de caer na pobreza debido á falta de oportunidades laborais, a dificultade para realizar actividades e a mobilidade limitada, entre outras causas, que se agravaron coa COVID-19. Cos Céntimos Solidarios de EROSKI podes apoiarlles a través de entidades CNSE, COCEMFE e DOWN España.

Campaign hero image
SaúdeDende: 28/07/21Ata: 15/12/21
Apoio ás persoas con discapacidade
Obxectivos da campaña

Axudar ás persoas con discapacidade en risco de exclusión para a súa plena inclusión social a través de CNSE, COCEMFE e DOWN ESPAÑA. Coas doazóns recibidas estas entidades poderán reforzar os seus programas de integración e autonomía para chegar a máis persoas.

Descrición

Estímase que en España residen máis de 4 millóns de persoas con discapacidade, isto supón que aproximadamente o 9% da poboación total loita para unha vida en igualdade de condicións coresto da sociedade. Así, máis de 1 millón de persoas xordas ou con discapacidade auditiva loitan pola eliminación das barreiras de comunicación; 30.000 familias cun fillo/a con Síndrome de Down traballan pola súa inclusión e autonomía en todos os ámbitos das súas vidas; e 2,5 millóns de discapacitados físicos e orgánicos enfróntanse cada día á plena inclusión e participación activa en todos os ámbitos da sociedade.

A situación de crise actual pola COVID-19 aumentou o risco de sufrir situacións de desprotección social e tivo un alto impacto negativo para moitas familias. Por iso, en EROSKI queremos colaborar, a través do programa Céntimos Solidarios, coa Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE), a Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE) e DOWN ESPAÑA, dedicadas a axudar ás persoas con discapacidade e ás súas familias.

Actividades

CNSE

O movemento asociativo de persoas xordas liderado pola CNSE-Confederación Estatal de Persoas xordas e as súas 18 entidades territoriais membro dedica a súa actividade á defensa dos dereitos das persoas xordas e ofrece, entre outros, os seguintes servizos:

  • Servizo de intérpretes de lingua de signos.
  • Servizo de atención a persoas xordas.
  • Servizo de atención a familias con membros xordos.
  • Servizo de emprego para persoas xordas.

 

COCEMFE

Reúne a 91 organizacións territoriais e estatais, que á súa vez representan a máis de 1.600 asociacións en todo o país. Estas son algunhas das actividades que levan a cabo:

  • Accións formativas.
  • Terapias intensivas para as persoas que se viron máis afectadas o confinamento.
  • Activación ao paciente, de modo que se faga responsable do seu propio tratamento, nos casos de patoloxías menos severas.
  • Sesións a domicilio para os que non poden acudir a sesións presenciais.
  • Talleres Psico-sociais.
  • Programa de Empoderamiento da Muller con Discapacidade.

 

DOWN ESPAÑA

As 90 entidades federadas a DOWN ESPAÑA foron testemuñas do enorme impacto que esta pandemia tivo nas súas familias. Para facer fronte ás situacións tan difíciles creou un Fondo de Emerxencia cuxo obxectivo é chegar a familias en risco de exclusión social con nenos e adolescentes con Síndrome de Down. Para iso, realizan as seguintes actividades:

  • Traballan nunha primeira fase de detección a través das súas redes nacionais.
  • Unha vez detectada a familia, dótanlle de axudas económicas para acceder a servizos e recursos de Atención Temperá e apoio educativo.
  • Por último, realizan accións de seguimento e avaliación coas familias implicadas.
Quen se beneficiará?

Esta campaña do programa Céntimos Solidarios de EROSKI axudará ás persoas con discapacidade e ás súas familias.

Coas achegas que se esperan conseguir de EROSKI e os seus clientes con esta campaña, axudarase a 9.958 persoas con discapacidade a través das entidades locais que conforman a Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE), a Confederación Española de Persoas con Discapacidade Física e Orgánica (COCEMFE) e DOWN ESPAÑA.

 

https://www.cnse.es/index.php/cnse/miembros

https://www.cocemfe.es/entidades-miembros/provinciales/

https://www.sindromedown.net/conocenos/nuestras-entidades/[CRD1] 

Máis información e ligazóns

CNSE (web)

COCEMFE (web)

DOWN ESPAÑA (web)