Eroski
0
Doazóns
0,00 €
Obxectivo de 131.263 €

AXUDA ÁS PERSOAS MAIORES EN SITUACIÓN VULNERABLE

A COVID-19 empeorou o estado de saúde, soidade e risco de exclusión social das persoas maiores máis vulnerables. Cos Céntimos Solidarios de EROSKI podes apoiar aos nosos maiores a través de Cruz Vermella, Grandes Amigos, Lares-Acolle e Mallorca Sense Fam.

Campaign hero image
Vivenda e PobrezaDende: 01/07/21Ata: 29/07/21
Axuda ás persoas maiores en situación vulnerable
Obxectivos da campaña

Colaborar na loita contra a pobreza, a exclusión social e a soidade das persoas maiores a través de Cruz Vermella de cada provincia, Grandes Amigos Cantabria, Grandes Amigos-Adinkide, Lares-Acolle e Mallorca Sense Fam. Coas doazóns recibidas estas entidades poderán distribuír alimentos e realizar labores de acompañamento entre as persoas maiores en situación vulnerable.

Descrición

A soidade, que xa era un problema de saúde pública antes da pandemia, agravou o estado de saúde de moitas persoas maiores. Máis de 2 millóns de persoas maiores viven soas en España. Aínda que o feito de vivir só non ten por que equivaler a sentirse só, esta circunstancia pode ser un risco para o benestar e a saúde cando se combina con outros factores, como: dificultades de mobilidade, fraxilidade física, problemas crónicos de saúde, residir en infravivendas ou con barreiras arquitectónicas, pensións baixas e ausencia de vínculos afectivos e de redes de apoio veciñal ou familiar.

Por iso, en EROSKI queremos colaborar con Cruz Vermella, Fundación Grandes Amigos, Fundación Lares-Acolle e Mallorca Sense Fam, dedicados a previr e paliar os efectos da soidade e para a entrega de alimentos a maiores en situacións difíciles de necesidade ou de mobilidade.

Actividades

CRUZ VERMELLA ten estes como principais proxectos con persoas maiores:

  • Axuda a domicilio complementaria. Mellorar a capacidade da persoa maior para continuar levando unha vida autónoma, en función das súas circunstancias e atrasando en maior medida a súa saída do domicilio.
  • Atención a persoas con funcións cognitivas deterioradas. Manter e/ou mellorar as funcións cognitivas da persoa maior que iniciou un proceso de deterioración das mesmas.
  • Atención a persoas coidadoras. Mellorar a vida das coidadoras e coidadores non profesionais. 
  • Rede social para persoas maiores -Enrédate. Reducir o sentimento de soidade e o illamento involuntario a través do reforzo e fortalecemento da rede social da persoa maior.
  • Promoción do envellecemento saudable-Saúde Constante. Reducir o impacto negativo do deterioro físico que inevitablemente se produce a medida que aumenta a idade.
  • Multicanle SerCoidadorA- Información a persoas coidadoras non profesionais.
  • Bo Trato ás persoas maiores: Promoción do trato adecuado e protección fronte aos malos tratos.
  • Centro de día. Habilitar un espazo no que as persoas maiores poidan acudir con asiduidade a realizar actividades. 
  • Atención a persoas en proceso de envellecemento. Contribuír á concienciación, preparación e activación das persoas que están preto dos 65 anos.
  • Sensibilización á sociedade sobre as persoas maiores.

GRANDES AMIGOS dedícase desde hai 18 anos a previr e paliar os efectos da soidade nas persoas maiores. Os seus pricipales actividades son:

  • Atención profesional personalizada, cun equipo de psicólogos/as, traballadores/as sociais.
  • Acompañamento afectivo. Así ofrecen compañía e apoio priorizando as súas necesidades e preferencias.
  • Actividades seguras de socialización fronte á covid-19. Convidan as persoas maiores a merendas, encontros e cafés no barrio, paseos saudables, visitas a museos e talleres, etc.
  • Envío de teléfonos móbiles e tabletas a residencias de maiores, e formación para que aprendan a usar internet de maneira segura, para que poidan comunicarse cos seus seres queridos.
  • Denunciar ante as autoridades e concienciar a sociedade contra o abandono e a discriminación por idade. Loitan polos dereitos dos máis de 9 millóns de persoas maiores que hai en España e do resto da poboación, pois algún día todos seremos maiores.

LARES-ACOLLE, Asociación Galega de Residencias e Centros de Anciáns de Iniciativa Social (ACOLLE). A denominación de ACOLLE responde ao carácter esencial dos centros de iniciativa social como espazo de acollida para os maiores máis necesitados. Actualmente agrupamos 12 residencias e centros asociados, repartidos por toda a xeografía galega, atendendo a un total de 929 residentes. Na actualidade estes centros subsisten grazas ás achegas dos usuarios, achegas de particulares e ás axudas da Xunta de Galicia, Deputacións Provinciais e Concellos.

MALLORCA SENSE FAM, desde 2009, entrega alimentos envasados, frescos, froita e verduras, carne, ovos, alimentación infantil, artigos de hixiene persoal e de limpeza para o fogar ás familias máis desfavorecidas e necesitadas, con atención especial ás persoas maiores de 65 anos, en situacións difíciles de necesidade ou de mobilidade, dentro do programa: “Axuda solidaria en alimentos a domicilio”.

Quen se beneficiará?

Esta campaña do programa Céntimos Solidarios de EROSKI colabora con CRUZ VERMELLA, GRANDES AMIGOS Cantabria, GRANDES AMIGOS-ADINKIDE, LARES-ACOLLE e MALLORCA SENSE FAM para que as persoas maiores en risco de exclusión social da nosa contorna máis próxima poidan ter cubertas as súas necesidades básicas de alimentación, acompañamento e socialización.

Coa axuda que se espera conseguir con esta campaña, estímase que se axudará a 4.158 persoas maiores.

As delegacións beneficiarias deste proxecto son: 

https://www.acolle.org/centros-asociados/

https://www2.cruzroja.es/donde-estamos

https://grandesamigos.org/contacto/

https://www.mallorcasensefam.org/contacto/

Máis información e ligazóns

GURUTZE GORRIA (web)

GRANDES AMIGOS Kantabria  (web

GRANDES AMIGOS - ADINKIDE (web

LARES – ACOLLE (web)