O momento que estamos a vivir supón que os enfermos de cancro en situación de vulnerabilidade económica e as súas familias póidanse ver obrigados en plena crise sanitaria a decidir entre, por exemplo, pagar as facturas ou comprar produtos farmacéuticos para paliar os efectos secundarios dos tratamentos oncolóxicos. Algo que sitúa a estas persoas e as súas familias en risco de vulnerabilidade económica nun dos momentos máis difíciles das súas vidas.
O Programa de Axuda de Emerxencia para pacientes en risco de exclusión social busca que nin estes enfermos nin as súas familias teñan que escoller entre comprar medicinas ou pagar a luz. Os obxectivos específicos son:
- Ofrecer axudas económicas de emerxencia (gastos de vivenda habitual e subministros, gastos farmacéuticos, alimentación, traslados para recibir tratamentos, etc.).
- Ofrecer préstamos de material ortoprotésico (cadeiras de rodas, camas articuladas, etc.).
- Subministrar perrucas e próteses.
A crise económica acentuou a situación de vulnerabilidade na que se atopan algúns pacientes e familiares que ven incapacitados para cubrir as necesidades básicas familiares como resultado da enfermidade. O impacto psicolóxico que adoita conlevar a enfermidade vese seriamente agravado pola presenza de problemas sociais e económicos derivados ou empeorados pola mesma, repercutindo non só ao enfermo, senón tamén a toda a unidade familiar. A situación para moitas destas persoas afectadas polo cancro faise máis complicada durante este período de crise sanitaria por COVID-19. Por iso, en EROSKI queremos colaborar co Programa de Axuda de Emerxencia para pacientes en risco de exclusión social de AECC, que durante a crise da COVID-19 atendeu xa de maneira gratuíta a máis de 50.000 persoas a través dos seus profesionais e máis de 40.000 chamadas a través do seu servizo de atención telefónica de Infocáncer, abrindo ademais un fondo de 3 millóns de Euros destinado a axudas sociais de emerxencia. Na Coruña, a axuda achegada a través do Programa Céntimos Solidarios canalizarase a uns 40 pacientes da provincia.
O proxecto desenvolverase no territorio da Coruña e axudará a uns 40 doentes en situación de vulnerabilidade económica a:
- Cubrir os seus gastos de primeira necesidade derivados das facturas do fogar e alimentación.
- Acceder a produtos necesarios para paliar os efectos secundarios do tratamento oncolóxico.
- Facerlle fronte a traslados aos hospitais de referencia onde recibir o tratamento oncolóxico.
- Conseguir axudas técnicas orientadas a mellorar a súa calidade de vida.
Esta campaña de EROSKI contribuirá a atender a unha parte dos pacientes e familiares en situación vulnerable residentes na Coruña. En concreto, permitirá axudar a unhas 40 persoas das zonas próximas ás tendas que participan na campaña. Trátase de pacientes que afrontan algunhas destas dificultades:
- Redución de ingresos debido a cambios no ámbito laboral: problemas de axuste laboral debido á perda de emprego ou as reducións de xornadas forzosas, imposibilidade de realizar traballos que impliquen un sobreesforzo, incapacidades temporais ou permanentes ou, mesmo, inexistencia de ingresos no caso de pacientes traballadores por conta propia con débedas na Seguridade Social e a aqueles con ingresos por baixo de SMI.
- Asunción de novos gastos derivados da doenza: próteses, traslados a tratamento, produtos para paliar efectos secundarios do tratamento oncolóxico, etc.
- Problemas físicos: posible perda de capacidades básicas dos pacientes, temporal ou permanentemente, incidindo na súa calidade de vida, así como na súa estrutura familiar.
