A educación e o emprego son pilares fundamentais para a integración sociolaboral plena. O desemprego xuvenil é un desafío persistente en España, xa que a taxa de desemprego xuvenil está por riba do dobre da media europea. Estas cifras reforzan a estreita correlación entre nivel educativo e empregabilidade: a mocidade con formación primaria ou non acreditada enfronta un desemprego do 40%, mentres que esta cifra se reduce ao 14,6% para a que ten estudos superiores (Observatorio de Emancipación del Consejo de la Juventud de España, 2023). Estes datos reflicten non só a importancia de incrementar a cualificación dos mozos, senón tamén a necesidade urxente de implementar programas educativos inclusivos que aborden as brechas formativas e faciliten o acceso ao mercado laboral.
A integración sociolaboral da mocidade en situación de vulnerabilidade enfronta unha combinación de barreiras sociais e persoais que perpetúan a súa exclusión e limitan as súas oportunidades. Por un lado, a sociedade mantén prexuízos, discriminación e unha minusvaloración que dificultan o acceso de estes mozos ao mercado laboral. Por outro, a falta de orientación, formación, experiencia, habilidades sociais, autoestima e hábitos laborais, xunto cun entorno socioeconómico desfavorable, impiden que desenvolvan un proxecto de vida sostible. Isto tamén ocorre coas persoas desprazadas forzosamente en España, que enfrontan grandes dificultades de acceso a servizos básicos, discriminación e dificultades en materia de igualdade, precariedade laboral, barreiras lingüísticas e problemas legais que afectan á súa integración social.
Todos estes datos evidencian a necesidade de programas que combinen orientación escolar e profesional, formación en competencias e metodoloxías que respondan coas recomendacións do Ministerio de Educación e Formación Profesional (MEFP) e a OCDE para reducir o abandono escolar temperán, non só aumentarían a empregabilidade, senón que tamén mellorarían a confianza e as habilidades da mocidade máis vulnerable, abrindo camiño á súa inclusión social e laboral.