En 2022, 786.049 hectáreas arderon na Unión Europea, case 310.000 hectáreas, un 39%, en España. Ademais das consecuencias a nivel forestal, as emisións á atmosfera por mor dos lumes superaron os 28 millóns de toneladas de CO2. Respecto ao 2021 en 2022 queimouse 3,5 veces máis superficie e é o peor rexistro no que vai de século. Os incendios tamén afectan de maneira directa aos animais causando a súa morte ou provocando a súa fuxida ademais de contribuír á desaparición de ecosistemas e á perda do chan fértil.
Ademais dos incendios, o estado das praias e os mares tamén se deteriorou. En Eivissa e Formentera, por exemplo, o turismo de masas afecta gravemente ao patrimonio natural e a sustentabilidade das illas. Así mesmo, en Galicia, o turismo na Costa da Morte afecta gravemente á biodiversidade polo que é necesario crear conciencia cidadá e accións de voluntariado para axudar a conservar os hábitats da Costa da Morte.
Doutra banda, durante 2021, 285.000 cans e gatos foron recollidos por protectoras en España. O abandono ou a perda afecta ao 2,6% destes animais. Ademais de gatos e cans tamén sofren este abandono moitas outras especies como, por exemplo, cobaias, coellos, aves ou tartarugas. Isto xera unha situación alarmante nos refuxios, cuxa misión é alimentar e coidar de todos os animais que viven nas súas instalacións, ofrecerlles unha vida digna e coidalos á espera dunha adopción.
Por iso, en EROSKI queremos colaborar con ADEGA, EIVISSA PRESERVATION, PROTECTORA DE GIPUZKOA e WWF para que poidan axudar na protección do medio ambiente e á protección de animais abandonados.